A clasificación TNM de tumores malignos é un sistema de estadiaficación de cancro, que describe a extensión do cancro no corpo do paciente.
O sistema de estadificación TNM dos tumores sólidos foi ideado por Pierre Denoix entre 1943 e 1952, empregando a medida e a extensión do tumor primario, a súa afectación linfática e a presenza de metástase para clasificar a progresión do cancro.[1]
O TNM está desenvolvido e mantido pola Unión Internacional Contra o Cancro (UICC)[2] estabelecendo deste xeito un consenso sobre unha norma recoñecida a nivel mundial para clasificar o grao de diseminación do cancro. A clasificación TNM tamén é empregada polo Comité norteamericano conxunto sobre o cancro (AJCC)[3] e a Federación Internacional de Xinecoloxía e Obstetricia (FIGO). En 1987, a UICC e sistemas de estadificación do AJCC fusionáronse nun só sistema.